Videochamadas e videoconferencias para todo o mundo.
Google Meet é un servizo que permite facer, desde calquera dispositivo, videoconferencias e chamadas seguras e de alta calidade.
Reunións seguras
Meet utiliza os mesmos métodos de protección que Google para salvagardar a túa información e privacidade. As videoconferencias de Meet encríptanse en tránsito e contan con todo un abano de medidas de seguranza que se actualizan constantemente para ofrecerche protección adicional.
Meet, esteas onde esteas
Usa Google Meet para reunirte con quen queiras: poderás facer presentacións do traballo, colaborar con compañeiros nese proxecto de clase de Química ou quedar tan tranquilamente coas amizades para vervos as caras.
As empresas, centros educativos e outras organizacións poden emitir en directo as reunións para que as vexan ata 100 000 usuarios dentro do seu dominio.
Reunións desde calquera dispositivo, en calquera lugar
As persoas convidadas poderán unirse desde o ordenador usando calquera navegador web actual. Non hai que instalar nada! Para participar desde un dispositivo móbil, pode usarse a aplicación Google Meet. Mesmo é posible unirse ás reunións e chamadas desde un Google Nest Hub Max.
Claridade ante todo
Google Meet adáptase á velocidade da rede que esteas usando para que goces de videochamadas de alta calidade vaias onde vaias. As melloras aplicadas á IA garántenche unhas chamadas perfectas e tranquilas independentemente das condicións que te rodeen.
Meet para todos
A tecnoloxía de Google de recoñecemento de voz permite a activación dos subtítulos instantáneos, o que fai as reunións máis accesibles. Deste xeito, as persoas que non falen o idioma, que teñan problemas auditivos ou que, simplemente, participen desde cafeterías con moito balbordo poderán seguir a reunión sen perder nin chisca do que pase (esta opción só está dispoñible en inglés).
Mantén o contacto
Programa reunións sen complicacións, grávaas facilmente e goza dos deseños adaptables que che ofrece a plataforma. Estes son só algúns exemplos das funcións que che axudarán a manter o contacto con outros usuarios.
Comparte a pantalla
Comparte a pantalla completa ou só unha ventá para mostrarlles aos outros usuarios documentos, diapositivas e follas de cálculo.
Organiza megarreunións
Podes invitar ata 500 participantes, tanto internos como externos, ás reunións.
Accede desde o teléfono
Utiliza a aplicación Google Meet para unirte a videochamadas. Tamén podes participar só a través do audio: basta con chamar ao número de acceso que aparece na invitación á reunión.
Ti mandas
A reunións son seguras de forma predeterminada. As persoas propietarias poden controlar quen pode unirse, de forma que só poderán acceder os usuarios que elas queiran.
Difunde eventos internos
Emite en directo todo tipo de eventos, desde xuntanzas municipais ata reunións de vendas. Poderán velos ata 100 000 persoas dentro teu dominio.
As empresas máis destacadas confían en Google Meet
Preguntas importantes
Cal é a diferenza entre Google Hangouts, Hangouts Meet e Google Meet?
Hangouts Meet e Hangouts Chat renovaron a marca en abril de 2020. Agora chámanse Google Meet e Google Chat, respectivamente. En 2019, comunicamos a nosa intención de migrar os usuarios da versión clásica de Hangouts aos novos produtos, Meet e Chat. Co fin de que todo o mundo puidese gozar dun servizo de videoconferencias en liña á altura dos produtos para empresas, anunciamos unha versión a 0 € de Google Meet en maio de 2020.
Google Meet é un produto seguro?
Si. Meet aproveita a infraestrutura de Google Cloud, que dispón de mecanismos de seguranza incorporados no deseño, para axudarche a protexer os teus datos e salvagardar a túa privacidade. Máis información acerca do noso compromiso coa privacidade e das nosas medidas de protección de datos e para previr o uso inadecuado.
Poden unirse participantes externos ás chamadas?
Claro que si. Para poder usar a versión sen custo económico de Google Meet, cómpre que todos os participantes teñan a sesión iniciada nunha Conta de Google. Podes crear unha Conta de Google cun enderezo de correo electrónico persoal ou de traballo.
Se xa es cliente de Google Workspace, no momento en que crees unha reunión, poderás invitar as persoas que queiras, mesmo se non teñen Contas de Google. O único que tes que facer é compartir a ligazón ou o identificador da reunión con todos os participantes.
Cal é o custo de Google Meet?
Todas as persoas que teñan unha Conta de Google poderán crear videoconferencias, invitar ata 100 participantes e estar en reunións durante ata 60 minutos por sesión, e todo sen custo económico.
Se che interesan outras funcións, como o uso de números de acceso internacionais, a gravación de reunións, a emisión en directo ou os controis de administración, consulta os nosos plans e tarifas.
Caducan as ligazóns de Google Meet?
A cada reunión asígnaselle un código de reunión único. A caducidade dese código dependerá do produto de Workspace co que se cree a reunión. Máis información.
Google Meet cumpre os requisitos pertinentes do meu sector?
Todos os nosos produtos (Google Meet incluído) sométense periodicamente a procesos independentes de control para comprobar o nivel de seguranza, privacidade e cumprimento das normas que ofrecen, o que se reflicte en certificados, confirmacións de cumprimento e informes de auditoría de acordo con diferentes normativas de todo o mundo. Bótalle unha ollada á lista de certificados cos que contamos.
Usamos Google Workspace na miña organización. Por que non me aparece Google Meet en Calendar?
Os administradores de TI controlan a configuración de Google Workspace. Encárganse de xestionar opcións como, por exemplo, se Google Meet é o servizo de videoconferencias predeterminado asociado a Google Calendar. Podes ver como activar Google Meet na túa organización no Centro de Axuda para os administradores de Google Workspace.